Ofrecer un marco neuroafirmativo e unha ruta práctica para acompañar o desenrolo da linguaxe en persoas que xa son ou que van ser usuarias de CAA, eliminando barreiras do entorno e favorecendo participación.
Esta charla ofrece unha visión clara e práctica da Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA) dende o paradigma da neurodiversidade, con especial foco no contexto educativo. Está dirixida principalmente a docentes, aínda que pode resultar moi útil para familias e outros perfís que acompañan a persoas que xa son ou van ser usuarias de CAA. Ao longo da sesión abordaremos que é (e que non é) a CAA, como acompañar o desenvolvemento da linguaxe dende o modelado respectuoso (Aided Language Input), como ampliar a comunicación máis alá de “pedir” (comentar, preguntar, negarse, autorregularse, participar) e que axustes do entorno facilitan a participación e reducen barreiras. |