Vaya al Contenido

2025 - AGAMPI

Saltar menú
Idioma
Saltar menú

Nova formación presencial da man de @veolenguaje
Alumnado con TEA :
facendo e aprendendo xuntos  

   Homologado pola Xunta de Galicia @edu.xunta

   Prazas limitadas
   18 de outubro de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a19:30
   Ceip o Couto, Ourense
   De balde para os socios/as
               Non socios 35 €
Inscríbete xa na web de AGAMPI ou premendo no logo
IV XORNADAS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA



Educación Inclusiva Querela é Creala


“Querela é creala” é o lema dun movemento social que nace no desexo de facer que as escolas dean resposta ás necesidades e desexos de toda a poboación en idade escolar, sen excepción. A idea que hai debaixo é que a pesar de que a educación inclusiva está xa instalada na linguaxe da escola e a sociedade, as nosas institucións escolares seguen seendo moi excluíntes para determinadas persoas e colectivos. Por iso, aínda que hoxe por hoxe todos dicimos que a queremos, é evidente que pronuncialo non abonda. As persoas que dinamizan este movemento asumiron a realidade de que non se pode esperar que ocorra, porque a natureza mesma da inclusión non é algo que poda vir dado de fora: require que toda a comunidade se poña mans á obra a construíla. Por iso, querela é creala. Nesta formación imos a reflexionar, da man de experiencias persoais e colectivas, cómo avanzar no desexo de facer realidade o dereito á educación de todas as personas nas nosas escolas.
Dereitos de imaxe
Regreso al contenido